forte
Audio 1

forte adxectivo1 Dotado de forza física, capaz de realizar grandes esforzos. Un home forte coma un buxo. SINÓNIMOS baril, correúdo, recio, rexo, robusto, varudo, vigoroso ANTÓNIMOS débil, feble2 Que goza de boa saúde. O neno está moi forte. SINÓNIMO robusto ANTÓNIMOS débil, feble3 familiar Dotado de bos coñecementos nunha materia. Está moi forte en matemáticas. CONFRÓNTESE entendido, instruído, versado4 Que ten forza moral para resistir as probas a que se ve sometido. Tes que ser forte nestes momentos difíciles. SINÓNIMO valente ANTÓNIMOS débil, feble5 Que é resistente, que non rompe ou se destrúe con facilidade. Un fío forte. As tapas do libro son moi fortes.6 [Corpo ou parte do corpo] corpulento, groso. Constitución forte. Mans fortes. CONFRÓNTESE membrudo7 Que é intenso ou que se manifesta ou sente con intensidade. Sentía unha dor forte no peito. SINÓNIMO agudo Vento forte. Había un forte cheiro a queimado.8 [Alimento, comida] abundante, nutritivo ou de alto valor enerxético. A fabada é un prato forte.9 Que presenta unha alta concentración dunha determinada substancia. Café forte. Bebida forte.10 Que está dotado de medios poderosos, que ten poder. Goberno forte. Adversario forte. É unha das empresas máis fortes do sector lácteo.11 [Cousa] que é importante, considerable. Os secuestradores esixían unha forte suma de diñeiro.12 [Libro, película etc.] que polo seu contido pode causar impacto. Recoméndoche que vaias ver a película, aínda que é un pouco forte.13 Que convence facilmente. Razóns fortes. Argumentos fortes.14 [Palabra] malsoante ou groseira. Anoxouse e comezou a proferir palabras moi fortes.15 Gramática [Forma gramatical] que leva o acento de intensidade no tema. ‘Fixen’ é unha forma verbal forte. substantivo masculino16 Construción destinada a protexer un lugar, á súa defensa. Á entrada do porto erguíase un forte con vellos canóns. SINÓNIMO fortaleza CONFRÓNTESE castelo, cidadela, fortificación17 Persoa que ten forza física, ou poder material. A loita dos débiles e os fortes.18 Aquilo que constitúe a parte máis resistente, máis dura etc. O forte do exército.19 Aquilo no que se é hábil, se está preparado ou que se coñece moito. As matemáticas non son o seu forte. adverbio20 Con gran forza física, con grande intensidade. Chove forte. SINÓNIMO fortemente Fala máis forte. SINÓNIMO alto1 FRASES E EXPRESIÓNS CON forte Forte coma un buxo VÉXASE buxo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!