forza
Audio 1

forza substantivo feminino1 Capacidade física, moral ou intelectual para poder realizar algo, vencendo unha resistencia. Hai que ter moita forza para levantar esa pedra. SINÓNIMOS fortaleza, vigor ANTÓNIMOS debilidade, frouxidade Empuxouno con forza e tirou con el. SINÓNIMOS ímpeto, violencia Non me sinto con forza para rematar o libro. Tes que coller forzas para superar o problema. SINÓNIMOS ánimo, azo, enerxía, fortaleza2 Poder ou influencia que exerce algo ou alguén. A forza dun argumento. A forza dun medicamento.3 Intensidade dunha cousa. O vento leva moita forza. Berra con máis forza. Sorprendeuna a forza dos seus sentimentos.4 Violencia exercida para conseguir un fin. Quitoullo pola forza. A autoridade empregou medidas de forza para restablecer a normalidade.5 Enerxía eléctrica. Non hai forza por mor da treboada. SINÓNIMOS corrente, corrente eléctrica, electricidade, fluído, fluído eléctrico, luz6 Física Toda causa capaz de deformar un corpo ou de modificar o seu estado de movemento ou de repouso. Todo movemento é resultado da acción dunha ou varias forzas. substantivo feminino plural7 Conxunto de individuos organizados con fins políticos, militares etc. As forzas políticas. As forzas sindicais. FRASES E EXPRESIÓNS CON forza Á forza locución adverbial Contra a propia vontade. Mandoumo facer á forza, eu non quería. A forza de locución preposicional Polo feito (realizado intensa e repetidamente) de. Conseguiuno a forza de moito intentalo. SINÓNIMO a poder de Forza de lei Dereito Carácter obrigatorio semellante ao da lei. O pactado no contrato ten forza de lei. Forza maior Suceso imprevisto ou alleo á vontade de alguén, que imposibilita para o cumprimento dunha obriga. É inescusable que veñas a non ser por causa de forza maior. Forzas armadas Conxunto dos exércitos dun país. Ingresou nunha academia militar das forzas armadas españolas. Por forza De maneira necesaria. Facendo así as cousas, por forza teñen que saír mal.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!