foxa
Audio 1

foxa Para todas as acepcións SINÓNIMO fosa substantivo feminino1 Escavación feita na terra, máis ou menos larga e fonda. Todos axudaron a cavar a foxa.2 Escavación feita na terra para sepultar un cadáver. Ti has de ir para a foxa coma todos. SINÓNIMOS buraca, burata, cova, foia, tumba1 FRASES E EXPRESIÓNS CON foxa Foxa abisal Xeoloxía Depresión alongada e moi profunda do fondo do mar, que está situada xeralmente preto da costa. Os sedimentos dunha foxa abisal. Foxa común Foxa onde se enterran os restos dos cadáveres exhumados dunha sepultura temporal ou os defuntos que carecen de nicho ou tumba particular. Os seus bisavós foron soterrados nunha foxa común. Foxa séptica Depósito ou pozo destinado á recepción de augas residuais, que permite a decantación e descomposición dos restos sólidos e o filtrado posterior dos líquidos. Baldeiraron a foxa séptica para limpala. CONFRÓNTESE pozo negro Foxa tectónica Xeoloxía Depresión da codia terrestre alongada e limitada por fallas paralelas e elevadas. Trátase dunha foxa tectónica reenchida de sedimentos e aluvións de enorme fertilidade.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!