fronte
Audio 1

fronte substantivo feminino1 Parte superior da cara, comprendida entre as cellas e a raíz do pelo, e que vai dunha tempa á outra. Sacou un pano para secar a suor da fronte. SINÓNIMO testa2 Parte dianteira e principal de certas cousas. Pintamos de branco a fronte do edificio. SINÓNIMO fachada3 Liña de territorio en que combaten os exércitos durante algún tempo. Chegaron novas tropas á fronte de batalla. SINÓNIMO primeira liña4 Coalición de partidos, organizacións etc. Fronte de liberación nacional.5 Meteoroloxía Superficie de contacto entre dúas masas de aire converxentes e de temperatura diferente. Unha fronte fría.6 Liña transversal ao eixo de propagación. Un incendio de case un quilómetro de fronte. FRASES E EXPRESIÓNS CON fronte Á fronte locución adverbial 1 Á cabeza, ao mando. Púxose el á fronte do negocio. 2 Cara a diante. Un paso á fronte. De fronte 1 Amosando a cara e a parte dianteira. Ponte de fronte, que te quero ver ben. Fixéronlle fotos de fronte e de perfil. SINÓNIMO de face 2 Coa parte dianteira. Chocaron de fronte. SINÓNIMO de face 3 Con decisión. Adoptar unha actitude de fronte aos problemas. En fronte locución adverbial Nun lugar situado a certa distancia e do cal se pode ver a parte dianteira. Vive en fronte. En fronte de locución preposicional Nun lugar situado a certa distancia e do cal se pode ver a parte dianteira con relación a outro que se expresa e que se toma como referencia. Aparcou o coche en fronte da miña casa. Facer fronte a 1 Non eludir [un problema ou dificultade], encarar, afrontar. Fíxolle fronte á situación con valentía. 2 Opor resistencia a [unha persoa ou animal]. Pensei que se ía acovardar pero fíxolle fronte. Fronte a 1 En contra ou oposición. Conseguiron chegar ata o nacemento do río, fronte aos que porfiaban que lles sería imposible. 2 En comparación con. Obtiveron máis de setenta escanos fronte aos vinte da coalición de centro. Ter dous dedos de fronte VÉXASE dedo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!