galería
Audio 1

galería substantivo feminino1 Arquitectura Espazo interior sostido por columnas, unhas veces con vidreiras nun dos lados ou nos dous. Os confesionarios da igrexa estaban situados nas galerías da nave principal.2 Corredor cerrado con vidreiras, que dá ao exterior da casa e sobresae ás veces do muro. Púxose na galería a ver pasar a xente. CONFRÓNTESE solaina3 Escavación subterránea nunha mina, para transportar o mineral, comunicar dúas zonas etc. Da vella mina só queda un labirinto de galerías. CONFRÓNTESE túnel4 Túnel subterráneo para dar paso ás canalizacións da auga, da electricidade etc. Cada certo tempo revisan as galerías da cidade.5 Establecemento dedicado á exposición e venda de cadros, esculturas e outras obras de arte. Expuxo a súa obra nas mellores galerías do país. SINÓNIMO galería de arte6 Colección de obras artísticas que se expoñen neste establecemento. Presentou unha galería de alta calidade artística.7 Pasadizos abertos por certos animais, como formigas, toupas etc., debaixo da terra. No documental observabamos como as toupas escavaban as galerías.8 Conxunto de asentos localizados no piso máis elevado dun teatro. As localidades de galería son máis baratas.9 por extensión Público que ocupa esas localidades. A galería aplaudía con grande entusiasmo.10 Conxunto de establecementos comerciais situados a ambos os dous lados dun paseo cuberto, xeralmente na planta baixa dun edificio. Foron mercar roupa ás galerías. SINÓNIMO galerías comerciais FRASES E EXPRESIÓNS CON galería Galería de arte Galería (acepción 5). A galería de arte pechou as súas portas. Galerías comerciais Galería (acepción 10). É un cliente habitual das galerías comerciais. Para a galería Para causar boa impresión ante a opinión pública. Fixo todo iso para a galería.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!