gas
Audio 1

gas substantivo masculino1 Estado da materia semellante ao aire no que as moléculas que a compoñen teñen moi pouca cohesión entre si de xeito que pode estenderse de modo indefinido a unha temperatura ordinaria e tamén pode comprimirse. Inflar de gas un globo.2 Corpo en estado gasoso, en particular o que se utiliza como combustible. Cociña de gas. O helio é un gas. Gases lacrimóxenos. substantivo masculino plural3 Acumulación de residuos gasosos no intestino, producidos na dixestión. Expulsar os gases. O neno ten gases e non pode durmir. FRASES E EXPRESIÓNS CON gas A todo gas locución adverbial Á máxima velocidade, moi rapidamente. Marchou de alí a todo gas. Cámara de gas VÉXASE cámara Gas butano VÉXASE butano Gas cidade Gas combustible que se obtén, xeralmente, pola destilación seca da hulla, e se distribúe en redes urbanas. O gas cidade é para uso doméstico e industrial. Gas natural Gas combustible constituído principalmente por metano, que se encontra en depósitos naturais subterráneos. O gas natural procede de formacións xeolóxicas. Gases nobres Química Grupo de elementos químicos en estado gasoso que comprende o helio, o neon, o argon, o cripton, o xenon e o radon, e que están situados na última columna da táboa periódica. OBSERVACIÓNS: Úsase tamén en singular para referirse a un elemento deste grupo Os gases nobres son de difícil combinación.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!