gato, gata
Audio 1
Audio 2

gato (feminino: gata) substantivo1 (Felis catus) Mamífero carnívoro da familia dos félidos, doméstico, de cabeza pequena e arredondada, ollos brillantes que se adaptan á visión nocturna, patas curtas con fortes uñas retráctiles, pelo mesto e suave, rabo longo, do que existen moitas razas. Gato siamés. Teñen un gato moi rateador.2 Mecánica Aparello para elevar cargas moi pesadas a pouca altura ou para arrastralas a pouca distancia. Existen diferentes tipos de gatos, de cremalleira, hidráulicos, de tesoira etc.3 Instrumento de ferro ou madeira que serve para asegurar os aros ás cubas e ás pipas. Asegurei a cuba cun gato de ferro.4 Instrumento de madeira ou de metal que consta de dous brazos e un parafuso que permite aproximalos, entre os cales se suxeita unha peza para traballala. Puxo as dúas pezas no gato durante toda a noite para que quedasen ben adheridas. substantivo feminino5 Zooloxía (Etmopterus spinax) Peixe da familia dos escuálidos, de corpo arredondado, dúas aletas dorsais con espiños, cor cinsenta tirando a castaña no dorso e negra no ventre e na parte inferior do fociño. A gata aliméntase de pequenos peixes, luras e crustáceos. SINÓNIMO gata de mar FRASES E EXPRESIÓNS CON gato Buscarlle os cinco pés ao gato VÉXASE Buscarlle os tres pés ao gato VÉXASE Catro gatos Moi pouca xente. Eramos catro gatos na reunión. Coma o can e o gato VÉXASE can2 Dar gato por lebre Enganar facendo pasar unha cousa por outra que é mellor. Que non che dean gato por lebre. Gata de mar Gato (acepción 5). Aproveitaron as gatas de mar para fariña de peixe. Gato bravo (Felis silvestris) Mamífero silvestre da familia dos félidos, semellante ao gato doméstico, pero máis grande. O gato bravo é unha especie protexida. SINÓNIMO gato montés Gato de algaria VÉXASE algaria Gato de mar (Umbrina cirrosa) Peixe da familia dos esciénidos, de corpo alongado e cor gris prateada no dorso e nos costados e abrancazada no ventre, con bandas oblicuas douradas. O gato de mar vive en zonas próximas á beiramar. Gato montés Gato bravo. O gato montés aliméntase de pequenos mamíferos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!