globo
Audio 1

globo substantivo masculino1 Obxecto feito dun material flexible, que se infla con aire e adquire diversas formas, sobre todo de esfera, e se emprega normalmente como xoguete. Comproulle uns globos ao neno.2 Especie de bolsa moi grande en forma de esfera ou de pera, feita de material flexible, que se infla con gas menos pesado ca o ar para que ascenda e que leva xeralmente unha especie de cesto onde poden ir persoas. Unha viaxe en globo.3 Obxecto de vidro ou doutra materia, con forma de esfera ou aproximadamente de esfera, que recobre unha lámpada. Puxo uns globos no salón.4 Corpo en forma de esfera. O globo ocular.5 Texto rodeado por unha liña que recolle os diálogos ou os pensamentos dos personaxes dun cómic, debuxo ou publicación similar. Lía os globos en voz alta e representaba a acción da historia.6 Deporte Traxectoria semicircular que describe unha pelota cando se tira moi alta, en deportes como o fútbol, o tenis etc. Respondeu cun globo desde o fondo da pista que desconcertou o seu contrincante. FRASES E EXPRESIÓNS CON globo Globo sonda Globo pequeno sen tripulación, que se fai ascender con instrumentos apropiados para a observación meteorolóxica. Lanzárono ao espazo mediante un globo sonda. Globo terrestre 1 Representación do planeta Terra realizada sobre unha esfera. Localizábamos os continentes no globo terrestre. SINÓNIMO esfera terrestre 2 A Terra. No gráfico observabamos a radiación solar media que incide no globo terrestre.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!