gramático, gramática
Audio 1
Audio 2
Audio 3

gramático (feminino: gramática) substantivo1 Persoa que se dedica ao estudo e descrición da gramática. Saco e Arce foi un dos primeiros gramáticos galegos. substantivo feminino2 Conxunto de regras que se deben seguir para falar e escribir correctamente unha lingua. Aprender a gramática.3 Lingüística Parte da lingüística que estuda e fixa a estrutura dos elementos dunha lingua e as súas combinacións. Un tratado de gramática latina.4 Libro de gramática. Merquei unha gramática. FRASES E EXPRESIÓNS CON gramático Gramática descritiva Lingüística Gramática que describe as regras que seguen os falantes dunha lingua. A gramática descritiva pretende recoller o uso real da lingua. Gramática estrutural Lingüística Gramática que estuda unha lingua partindo de que os seus elementos forman unha estrutura. A gramática xenerativa xorde como alternativa á gramática estrutural. Gramática histórica Lingüística Gramática que estuda a evolución histórica dunha lingua. Vicente García de Diego publicou en 1909 a primeira gramática histórica do galego. Gramática normativa Lingüística Gramática que indica as regras para usar con corrección unha lingua. Non pretendían realizar unha gramática normativa, aínda que se tomou como tal. Gramática transformacional Lingüística Gramática xenerativa que establece que dun esquema oracional se pasa a outro por medio da transformación. A finais da década dos cincuenta do século pasado iniciouse o camiño da gramática transformacional. Gramática xenerativa Lingüística Gramática que formula un conxunto de regras capaces de producir todas as oracións posibles e gramaticais dunha lingua. A gramática xenerativa asígnalle a cada construción gramatical unha descrición rigorosa e inequívoca da súa estrutura.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!