guerra
Audio 1

guerra substantivo feminino1 Loita con armas entre dous países ou entre dous bandos dun mesmo país. A guerra afundiu o país na miseria. ANTÓNIMO paz CONFRONTAR contenda, lide, loita2 Calquera tipo de loita ou disputa entre persoas ou animais. Está en guerra con todos os veciños. CONFRONTAR liorta FRASES E EXPRESIÓNS CON guerra Correspondente de guerra VÉXASE correspondente Dar guerra figurado Molestar, amolar. Non fai máis que dar guerra. Declarar a guerra 1 Facer saber un país a outro que se considera en estado de guerra con el. Declaroulle a guerra ao país veciño. 2 figurado Comezar unha loita ou disputa con alguén. Desde aquela tenme a guerra declarada, e non me fala. En pé de guerra VÉXASE Guerra civil Guerra entre os propios habitantes dunha nación. O avó contáballes aos netos as penurias da guerra civil. Guerra fría Estado de hostilidades e tensión entre dúas nacións, sen chegar ás armas. Na metade do século XX houbo unha época de guerra fría entre os EEUU e a URSS. Guerra psicolóxica Utilización contra un adversario de métodos tendentes a abrandar a súa moral ou estado de ánimo. Utilizan técnicas de guerra psicolóxica.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!