gusto
Audio 1

gusto Para todas as acepcións Forma menos recomendable: gosto substantivo masculino1 Sentido localizado na lingua, co que se percibe o sabor das cousas. Co sentido do gusto recoñecemos os alimentos que tomamos.2 Calidade das cousas que produce unha sensación nos órganos do gusto. Esta froita ten un gusto amargo. SINÓNIMO sabor3 Sensación producida nos sentidos ou no ánimo por algo que gusta. Dá gusto tomar o sol na praia. Con moito gusto vos convidaría. SINÓNIMOS agrado, pracer1 ANTÓNIMO desgusto4 Facultade de saber apreciar a beleza, de distinguir o que é belo do que non o é. Ten bo gusto para vestir. CONFRÓNTESE xeito5 Maneira de apreciar as cousas cada un. Temos gustos diferentes.6 Desexo irracional dunha cousa. De pequeno cumpríanlle todos os gustos. SINÓNIMOS antollo, capricho FRASES E EXPRESIÓNS CON gusto A gusto locución adverbial 1 Ben, con comodidade. Síntome a gusto aquí. 2 Con tranquilidade e satisfacción. Se non falo antes con ela, non vou a gusto. Coller gusto a (algo) Afeccionarse a ela. Ao primeiro aburríase pero despois colleulle gusto. SINÓNIMO coller o gusto a (algo) Coller o gusto a (algo) Coller gusto a (algo). Non lle gustaba saír, pero logo lle colleu o gusto. Por gusto Por vontade propia, porque apetece ou por satisfacer un desexo. Ninguén lle mandou, fíxoo por gusto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!