lado
Audio 1

lado substantivo masculino1 Parte do tronco ou do corpo humano que vai da axila á cadeira, ou a parte equivalente do corpo dun animal. A dor tena no lado esquerdo. SINÓNIMO costado CONFRÓNTESE flanco2 Parte situada á dereita ou á esquerda do centro dun corpo, dunha superficie ou dun lugar. Os dous lados dun barco. SINÓNIMOS costado, flanco Circula polo lado dereito e non invadas o contrario. SINÓNIMO lateral3 Cada unha das caras opostas dun obxecto. -Que lado da moeda saíu? -Cruz.4 Matemáticas Cada unha das liñas que limitan unha superficie ou un polígono. Os lados dun rectángulo.5 Parte situada nos límites ou próxima aos bordos dunha superficie, dun lugar ou dun obxecto. As cadeiras estaban colocadas nos lados da sala. Nos lados do río hai unha exuberante vexetación. CONFRÓNTESE beira, marxe6 Calquera parte do espazo, dunha superficie ou dun corpo, considerada por oposición ás outras. O vento vén dese lado. Vive no outro lado da cidade. Anda todo o día dun lado para outro. Este lado do bisté está pouco pasado.7 figuradoAspecto Mira o lado bo das cousas.8 figurado Lugar ou sitio. Pensas ir a algún lado, ou quedas na casa?9 Liña de parentesco. Polo lado materno tiña un tío afiador. FRASES E EXPRESIÓNS CON lado Ao lado locución adverbial Moi cerca, moi preto. Agora ten que madrugar menos porque ten o traballo ao lado. Ten o instituto aí ao lado. SINÓNIMOS a carón, ao pé Ao lado de locución preposicional 1 Moi cerca de. Ao lado do lume. SINÓNIMOS á beira de, a carón de, ao pé de, a son de, beira de, de carón de, onda2, xunta2, xunto a 2 En comparación con. Ao lado do outro non vale nada. 3 A favor de. Sempre estivo ao lado deles. De lado locución adverbial 1 Sobre un dos lados. Caeu de lado. 2 Inclinado, torto. Andaba de lado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!