lata
Audio 1
Audio 2

lata substantivo feminino1 Folla de ferro cuberta dunha capa de estaño para que non se enferruxe. Os botes para as conservas son de lata.2 por extensión Recipiente pequeno feito con este material. Unha lata de mexillóns. CONFRÓNTESE bote13 Pau longo. Foi á fraga buscar unhas latas de castiñeiro. SINÓNIMO varal4 Temón do arado. Facerlle as furas á lata. SINÓNIMO panca5 Pau longo colocado sobre estacas. Puxo a manta a secar nunha lata. CONFRÓNTESE varal6 Cada un dos paus longos que suxeitan a palla ou a herba nun palleiro. Poñerlle as latas á meda.7 Pau longo sobre o que se coloca o colmo do teito. Andaba lixeiro coma un gato polas latas adiante.8 Cada unha das táboas que, colocadas sobre os cangos, serven para soster as tellas. Serrar latas para un tellado. SINÓNIMO ripa19 Estrutura que sostén unha parra. Xa están as latas cubertas de follas e os acios comezan a agromar.10 Lámina fina de madeira coa que se tece o fondo dos cestos. Buscou unha póla ben feita para facer as latas.

lato, lata
Audio 1
Audio 2
Audio 3

lato (feminino: lata) adxectivo1 Que é moi amplo ou extenso. Divisamos desde o aire un lato val. FRASES E EXPRESIÓNS CON lato En sentido lato En sentido amplo, que non é rigorosamente o que lle corresponde. Concilio, en sentido lato, designa calquera reunión de persoas convocadas nun mesmo lugar. SINÓNIMO lato sensu

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!