lazo
Audio 1

lazo2 substantivo masculino Capa de xeo que se forma sobre a superficie dun líquido cando vai moito frío. Nas mañás de inverno aparecían as pozas cubertas de lazo. SINÓNIMOS cadorno, calistro, carambelo, carambo, caramelo, codorno CONFRÓNTESE xeo-

lazo
Audio 1

lazo1 substantivo masculino1 Atadura cunha soa volta ou asa en arco, que se desfai facilmente ao tirar dun dos cabos. Faille un lazo á corda. O lazo da gravata.2Lazada1 O cordón recollía as cortinas cun lazo elegante.3 Cordón, fita etc., para adorno, na que se fixo unha lazada. Adornaron o salón con cintas e lazos.4 Peza de roupa, polo xeral de uso masculino, que se anoa ao redor do pescozo en forma de lazada ríxida coas puntas simétricas. Para a voda, vestiuse con chaqué e lazo. SINÓNIMO bolboreta5 Fita apropiada para facer lazadas ou outros adornos. Achégate a mercería a por tres metros de lazo.6 Corda cun nó corredío nun extremo, que se lanza para apresar certos animais, como touros, cabalos etc. O cabalo turraba do lazo que levaba ao pescozo.7 Trampa que consiste nun arame, cordel etc., cun lazo corredío nun extremo, onde queda preso o animal. En tempos, aquí cazábanse perdices ao lazo.8 figurado Aquilo que teñen en común dúas persoas ou cousas ou que establece unha conexión entre elas. Vía a Galicia como o lazo de unión entre os dous continentes. Uníanos grandes lazos de amizade.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!