lente
Audio 1
Audio 2

lente substantivo feminino1 Disco de vidro ou outra substancia sólida transparente limitado por dúas superficies esféricas, unha delas con caras curvas, cóncavas ou convexas, que se usa en instrumentos ópticos para desviar os raios de luz. Lente cóncava. As lentes úsanse para facer lupas, prismáticos etc. substantivo feminino plural2 Instrumento óptico composto por dúas lentes que se suxeitan ao nariz e ás orellas mediante unha montura e que serve para protexer a vista, corrixila ou ter unha mellor visión. Ten que usar lentes para ver de cerca. SINÓNIMO anteollos FRASES E EXPRESIÓNS CON lente Lente de contacto Pequena lente de material brando que se coloca directamente sobre o ollo para corrixir defectos da visión. As lentes de contacto resúltanlle máis cómodas. Lentes de natación Lentes que se axustan á cara para crear un compartimento estanco diante de cada ollo e evitar o contacto coa auga. Lentes de natación para competición. SINÓNIMO anteollos de natación Lentes de sol Lentes provistas de vidros escuros para protexer os ollos da luz e da radiación ultravioleta do sol. A tonalidade dos cristais das lentes de sol debe escollerse segundo o uso que se lles vaia dar. SINÓNIMO anteollos de sol

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!