limpo, limpa
Audio 1
Audio 2
Audio 3

limpo (feminino: limpa) participio1 Participio irregular do verbo limpar. adxectivo2 Que non ten manchas, po etc. Traxe limpo. Espello limpo. ANTÓNIMOS cocho1, merdeiro, merdento, porco, sucio3 Que ten o hábito da limpeza. Os gatos teñen sona de limpos. É unha muller moi limpa. SINÓNIMO aseado ANTÓNIMOS cocho1, desaseado, marrán, merdeiro, merdento, porcallán, porcalleiro, porco, sucio4 [Oficio, ocupación] que coa súa práctica non ensucia. O de limpar chemineas si que é un traballo pouco limpo. ANTÓNIMOS cocho1, marrán, sucio5 Que non ten incorporada ningunha substancia estraña. Trigo limpo. Auga limpa. ANTÓNIMO sucio6 Que non orixina contaminación. Enerxías limpas. ANTÓNIMO sucio7 [Ceo] sen nubes ou con moi poucas. Un ceo limpo que dá gloria.8 [Traballo] feito con primor e exactitude, ben acabado. Un traballo limpo.9 [Forma, liña, silueta, superficie] que se percibe con nitidez, ben contrastado, por non ter irregularidades. A limpa liña do horizonte. Un corte limpo.10 Que está libre de algo. Camiño limpo de obstáculos.11 [Son] sen alteracións de volume, ton etc. Este produtor sabe conseguir un son especialmente limpo.12 [Alimento] que se lle eliminou aquilo que non se aproveita. Os polos para o asado xa están limpos.13 figurado Que segue as regras e non usa malas artes. Din que a súa elección non foi xogo limpo.14 [Conciencia, pensamento] libre de culpa. Teño a conciencia ben limpa en canto a iso.15 Libre de descontos e gastos. Saíunos en sete millóns limpos.16 popular Sen diñeiro. Trouxéronnos unha conta que a pouco máis quedamos limpos. SINÓNIMO pelado17 Que non cometeu ningún delito, nin nada deshonesto ou inmoral. Está limpo, non ten antecedentes.18 Propio destas persoas. Acusárono de manter unha conduta pouco limpa.19 Que non ten no seu poder cousas roubadas ou ilegais. Rexistráronnos pero estabamos limpos. substantivo masculino20 Fondo sen perigo e tamén o areoso e libre de algas. Atopamos un limpo ao norte da illa. adverbio21 Con limpeza, limpamente. Xoga limpo. ANTÓNIMO sucio FRASES E EXPRESIÓNS CON limpo A golpe (hostia, patada etc.) limpo Usando con decisión o movemento ou acción que se expresa. Abriu paso a sopapo limpo. Pasar a limpo Pasar [un borrador, escrito] que ten forma provisional á forma definitiva. Non podes entregar así ese traballo, pásao a limpo. SINÓNIMO poñer en limpo Poñer en limpo Pasar a limpo. Acabei o discurso, pero aínda non o puxen en limpo. Sacar en limpo 1 Obter como beneficio. Chantaxeándoo non sacaches nada en limpo. 2 Obter unha conclusión ou información clara. Tanta reunión, tanta negociación, e non sacamos nada en limpo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!