lixeiro, lixeira
Audio 1
Audio 2

lixeiro (feminino: lixeira) adxectivo1 Que non pesa, polo que se leva ou levanta con facilidade. Unha carga lixeira. SINÓNIMOS leve, livián2 ANTÓNIMO pesado Unha camisa lixeira.2 De pouca materia, cantidade, intensidade, forza, importancia ou gravidade. Unha brisa lixeira. SINÓNIMOS avelaíño, lene, leve, livián2, suave Unha comida lixeira. ANTÓNIMO pesado Un té lixeiro. SINÓNIMO suave ANTÓNIMO forte Servíronnos un lixeiro refrixerio. ANTÓNIMO copioso Un lixeiro movemento de cabeza. O doente tivo unha lixeira melloría. SINÓNIMO pequeno ANTÓNIMO grande3 Que se move ou se despraza con rapidez e sen dificultade, ou que amosa estas características. Paso lixeiro. SINÓNIMO rápido ANTÓNIMO lento CONFRÓNTESE veloz Tenche un andar ben lixeiro para os seus anos.4 Que actúa sen reflexionar, sen pensar moito, ou que mostra esta actitude. Unha decisión demasiado lixeira. SINÓNIMO livián2 FRASES E EXPRESIÓNS CON lixeiro Á lixeira locución adverbial Sen pensar moito. Non se pode actuar tan á lixeira. Man lixeira VÉXASE man Peso lixeiro VÉXASE peso Sono lixeiro VÉXASE sono

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!