logo
Audio 1

logo adverbio1 En pouco tempo, sen tardar. Isto logo o fago porque dá pouco traballo. Ven logo, que non te teña que esperar. SINÓNIMOS axiña, decontado, deseguida, enseguida, rápido2 Máis tarde no tempo. Primeiro fas unha cousa e logo a outra. SINÓNIMO despois3 Case, cerca de. Está tan vello que logo non se ten de pé. Logo lle leva vinte anos. conxunción4 Neste caso, en consecuencia, en definitiva. OBSERVACIÓNS: En moitas ocasións ten un sentido difícil de precisar e que depende do contexto Admítelo, logo é certo. SINÓNIMO xa que logo Se dis que xa te avisaran, logo de que te queixas? Logo vés ou quedas? SINÓNIMOS daquela, entón FRASES E EXPRESIÓNS CON logo E logo 1 Afirma unha cousa de modo patente, equivalendo a ‘claro, por suposto’. -. Ti tamén vés? -E logo. 2 Nunha interrogación, ao principio da frase, engade énfase. E logo ti porque non vés? 3 Equivale a ‘por que’, elidido nunha interrogación, formando frase, así como na contestación. -Non vés? -Non. -E logo? -E logo non. Logo de (que) Indica posterioridade no tempo. Chegou logo de que preguntaran por el. SINÓNIMO despois de que

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!