lombo
Audio 1

lombo substantivo masculino1 Parte posterior do corpo humano que vai dende os ombreiros ata o van. Sempre co lombo dobrado enriba do legón. SINÓNIMOS carrelo2, costas, dorso2 Parte superior do corpo dos animais que vai desde o pescozo ata os cadrís. A iguana ten unha crista espiñosa ao longo do lombo. SINÓNIMO dorso Botou a albarda ao lombo do burro. SINÓNIMOS carrelo2, costas3 por extensión Carne desta parte. Preparou lombo asado. SINÓNIMOS lombelo, raxo24 Parte dun libro por onde van unidas as follas. O libro tiña as follas cosidas no lombo. FRASES E EXPRESIÓNS CON lombo Ao lombo Sobre o lombo ou os ombreiros. Levar algo ao lombo. Montar ao lombo. SINÓNIMOS ao carrelo, ao carricho, ás costas CONFRÓNTESE a cabalo, ao cabalete, a requichas, ás cabaleirolas, ás cabaliñas Baixar o lomboTraballar Tan preguiceiras son que non baixan o lombo a dar catro puntadas. Cerro do lombo VÉXASE cerro Non arrendar o lombo Non desexar a sorte de alguén nun asunto. Se estragou o coche de seu pai, non lle arrendo o lombo. SINÓNIMO non arrendar a ganancia

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!