lugar
Audio 1

lugar substantivo masculino1 Porción determinada de espazo. Que cada un ocupe o seu lugar no escenario. SINÓNIMOS posto, sitio1 Non sei a que lugar irei de vacacións este ano. SINÓNIMO sitio12 Núcleo pequeno de poboación en que se divide unha parroquia, con poucos veciños e de carácter rural. No meu lugar vivimos quince familias. SINÓNIMO aldea3 Sitio que algo ou alguén ocupa nunha serie ou nun conxunto. Chegou á meta en último lugar. SINÓNIMOS posición, posto En primeiro lugar falou o secretario e despois o presidente.4 Circunstancia concreta en que alguén se atopa. Eu no teu lugar non iría. FRASES E EXPRESIÓNS CON lugar Dar lugar a Provocar que [algo] ocorra, dar motivo para que [algo] suceda. Fixo unhas declaracións que deron lugar a varios malentendidos. En lugar de locución preposicional En substitución de [o que se expresa]. En lugar de facelo ti, que o faga el. SINÓNIMOS en troques de, en vez de, no canto de Lugar común Argumento ou idea que se repiten ou aos que se recorre con moita frecuencia. As casas escuras e tenebrosas son un lugar común nas películas de terror. SINÓNIMO tópico CONFRÓNTESE clixé, estereotipo Poñer (a alguén) no seu lugar Facerlle ver a [alguén] cal é a súa situación e a actitude que debe gardar. Ata que non o poñas no seu lugar non te respectará. SINÓNIMO pór no seu lugar Poñerse no lugar de (alguén) Supor que un está na situación de [esa persoa]. Se te pos no lugar dos pais, todo o que fixeron polo fillo é lóxico. SINÓNIMO pórse no lugar de Pór (a alguén) no seu lugar Poñer no seu lugar. Debes pór o rapaz no seu lugar, para quitar algo en limpo del. Pórse no lugar de (alguén) Poñerse no lugar de. Hai que pórse no seu lugar para entendelo. Ter lugar Ocorrer, suceder. A reunión terá lugar mañá pola tarde.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!