máis
Audio 1

máis2 indefinido1 O outro, os demais. Levei o fillo pequeno comigo, os máis quedaron na casa. Ti xa fixeches abondo, o máis que o faga el.2 A maioría. OBSERVACIÓNS: Utilízase xeralmente precedido do artigo e seguido da preposición de Ti farás o que fagan os máis. Deixou a máis da comida no prato.

máis
Audio 1

máis1 adverbio1 Indica un aumento ou superioridade en cantidade intensidade ou número que pode expresarse en comparación con outro elemento ou de maneira absoluta. Gústame máis a auga ca a cervexa. Gasta máis do que gaña. É o máis alto de todos. Faime falta máis tempo. Xa non quero comer máis. ANTÓNIMO menos2 Expresa ponderación a intensidade de algo nun grao moi elevado. Que abrigo máis bonito levas! SINÓNIMO tan1 substantivo masculino3 Signo matemático (+) que indica suma de elementos. Tes que poñer o máis á altura da raia do quebrado.4 Signo matemático (+) que diante dun número que non se relaciona con outro indica o seu valor positivo. Os números enteiros positivos levan diante un máis. FRASES E EXPRESIÓNS CON máis De máis locución adverbial En exceso de sobra. Creo que bebes de máis. Aquí hai xente de máis. Máis de locución adverbial Indica unha cantidade indeterminada superior á que se expresa. Presentáronse alí máis de mil persoas. Máis ou menos locución adverbial Aproximadamente, cerca de. Faltan dez minutos máis ou menos para o comezo da función. Máis que locución conxuntiva Indica exclusividade ou limitación do que se expresa. Non tiñas máis que chamar e xa viñamos! Nin máis nin menos locución adverbial Exactamente xustamente. Iso é o que eu quería, nin máis nin menos. Por máis que locución conxuntiva Indica a imposibilidade de conseguir algo aínda que se insista e se faga todo o posible por conseguilo. Por máis que lle digas, non o vas convencer.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!