mañá
Audio 1

mañá substantivo feminino1 Parte do día que vai desde que sae o Sol ata o mediodía. Só traballo polas mañás.2 Tempo que vai desde a media noite ás primeiras horas do día antes de saír o Sol. Chegou á casa ás tres da mañá. SINÓNIMO madrugada adverbio3 Día seguinte ao de hoxe. Hoxe non podemos rematar, continuaremos mañá. Mañá marcho de vacacións. substantivo masculino4 Tempo que está por vir. O mañá é descoñecido. SINÓNIMOS futuro, porvir FRASES E EXPRESIÓNS CON mañá Á mañá locución adverbial 1 Ás primeiras horas da mañá. Saíu da casa á mañá e aínda non apareceu. SINÓNIMOS de mañá, pola mañá 2 Durante a mañá. Adoita dar un pequeno paseo á mañá. SINÓNIMOS de mañá, pola mañá De mañá locución adverbial Á mañá. Teñen previsto chegar de mañá. Dixo que nos atendía de mañá. Luceiro da mañá VÉXASE luceiro O día de mañá O futuro, o porvir. O día de mañá hancho agradecer. Pola mañá locución adverbial Á mañá. Marchou pola mañá. Vémonos mañá pola mañá. Tomar a mañá Tomar unha copa xeralmente de augardente pola mañá. Ata que enfermou non houbo quen lle quitara de tomar a mañá.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!