madre
Audio 1

madre substantivo feminino1Nai A madre de Alberte estaba traballando na Facultade.2 Tratamento de respecto que se lle dá á nai dun. Vostede vén connosco, mi madre? A defunta de mi madre non perdía unha feira.3 Tratamento de respecto que se lle dá a unha relixiosa que fixo os seus votos. A madre superiora do convento.4 popular Órgano do aparato reprodutor dos mamíferos femias, que está destinado a conter o embrión e despois o feto ata que se desenvolva por completo. Rumoreábase no pazo que a condesa tiña a madre seca e non podía dar herdeiros á familia. SINÓNIMOS claustro materno, criadeira, matriz, útero5 Depósito de materiais sólidos que se forma no fondo dos recipientes que conteñen viño ou vinagre. Bota o viño con coidado para non remexer a madre. SINÓNIMOS borra1, borro, feces, fondón, pouso, sarrio CONFRÓNTESE charrizo6 Corda da que colgan as brazoladas. Rompeulles a madre cando ían levantar a pesca. SINÓNIMO estrallo7 Fondo dun río, lago etc. Unha vella lenda di que habita un monstro na madre da lagoa. SINÓNIMO leito

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!