maioría
Audio 1

maioría substantivo feminino1 Maior parte de elementos dun conxunto. Xa levei a maioría dos mobles para a casa nova. A maioría dos comerciantes secundou a folga. A proposta do presidente conseguiu a maioría de votos. Está sempre de acordo coa maioría.2 Maior número de votos favorables emitidos nunha votación. A oposición conseguiu a maioría. FRASES E EXPRESIÓNS CON maioría Maioría absoluta Maioría que esixe a metade dos votos emitidos máis un. Non conseguiron a maioría absoluta. Maioría cualificada Maioría representada por unha fracción de votos superior á metade, como dous terzos ou tres cuartos. Determinadas cuestións esixen unha maioría cualificada para a súa aprobación. Maioría de idade Situación da persoa que alcanza a idade legal para ter todos os dereitos e responsabilidades civís. Cando chegue á maioría de idade, poderá administrar a herdanza dos seus pais. SINÓNIMO maioridade ANTÓNIMO menoridade Maioría relativa Maioría representada por un número de votos inferior á maioría absoluta, pero superior ao conseguido polo resto das candidaturas ou opcións. Obtivo unha maioría relativa, polo que se ve obrigado a gobernar co apoio doutras forzas políticas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!