malo, mala
Audio 1
Audio 2
Audio 3

malo Para todas as acepcións SINÓNIMO mao Para todas as acepcións ANTÓNIMO bo (feminino: mala) adxectivo1 Que non ten as calidades que debería ter, que non é de boa calidade. Merquei uns zapatos tan malos que me romperon aos dous días. A colleita deste ano é mala e escasa. SINÓNIMOS cativo, ruín2 Que non é como convén ou como gustaría que fose, que non é adecuado. Este curso tiven moi malas notas. Ten mala saúde. Os barcos non saen ao mar porque o tempo é malo. SINÓNIMOS cativo, ruín3 [Persoa] que non cumpre ben a súa función, que non fai ben o seu oficio. É un actor moi malo. SINÓNIMOS cativo, ruín4 [Cousa] coas calidades deterioradas. A carne está mala.5 [Persoa, animal] coa saúde deteriorada. Meu pai púxose malo e tivérono que levar ao médico.6 Que causa dano. A seca é moi mala para a terra. Coller unha mala postura. SINÓNIMOS daniño, prexudicial Ter moi mala lingua. SINÓNIMO daniño7 Que causa pena, sufrimento ou desagrado. Recibiron unha mala noticia. SINÓNIMO penoso8 Que fai ou comporta mal. É unha mala persoa. Unha mala acción.9 Que fai moitas trasnadas. Eses rapaces son máis malos ca o demo. CONFRÓNTESE cativo, malvado, perverso, ruín OBSERVACIÓNS: A forma masculina, cando vai antes do substantivo, redúcese a mal. Un mal amigo. Un mal comezo. FRASES E EXPRESIÓNS CON malo Estar de malas Estar enfadado, irritado ou triste. Cala, que xa está de malas! Estar malo de + inf Comportar dificultades para que se cumpra a acción expresada polo infinitivo. Esa avaría está mala de amañar. Nin un mal Emprégase en frases negativas para indicar a falta de algo. Non teño nin un mal cacho de pan que levar á boca. Polas malas locución adverbial Mediante o uso da forza. Levárono polas malas. Ser máis malo que a peste VÉXASE peste Ser malo de + inf Estar malo de. Os amoriños primeiros son moi malos de esquecer.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!