matar
Conxugar
Audio 1

matar /verbos/matar.html verbo transitivo1 Quitarlle a vida a [unha persoa ou un animal]. Un coche matounos o can. CONFRÓNTESE asasinar Tamén absoluto O tabaco mata.2Pescar Mataron sardiña.3 Apagar [o lume, a luz etc.]. Os veciños acudiron todos a matar o lume ao monte. Matar o candil.4 Satisfacer [a fame, a sede, un antollo etc.]. Mataba a sede con groliños de auga. SINÓNIMO apagar CONFRÓNTESE saciar5 Quitarlle a saúde a, facer padecer. O que o mata é o alcohol. Mátano a desgustos. Tamén absoluto Un veleno que mata rapidamente.6 Facer desaparecer [a esperanza, a ilusión etc.]. Non me mates a ilusión tan axiña.7 Botar unha carta superior a [outra do contrario] levando así a baza no xogo. Aí vai un ás, a ver se o matas. verbo pronominal8 Quitar a vida un mesmo voluntariamente. Matouse dun disparo no sen. SINÓNIMO suicidarse9 [Persoa, animal] perder a vida. Matouse nun accidente de tráfico. SINÓNIMO morrer10 Pasar moitos traballos, sacrificarse moito por algo ou alguén. Non te mates, vanche dar o mesmo. Matouse a traballar e aí tes o resultado. Mátase pola familia. FRASES E EXPRESIÓNS CON matar A matar 1 Con moita forza. Deulle a matar. 2 Con moi mala relación. Houbo un desacordo entre as familias e desde aquela están a matar. Matar o tempo VÉXASE tempo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!