mesa
Audio 1

mesa substantivo feminino1 Moble que consiste nunha prancha horizontal sostida por un ou varios pés, no que se come, traballa ou estuda. A mesa do comedor é de castiñeiro. A mesa da oficina sempre está chea de papeis.2 por extensión Todo aquilo que se pon sobre este moble e se utiliza para comer. Hai que poñer a mesa.3 Banco longo. Achegádevos, que aínda collen dous máis na mesa.4 Pau horizontal que está debaixo do rodicio do muíño e, por mediación dun torno, permite levantar ou baixar a pedra. O rodicio estaba apoiado na mesa. SINÓNIMO raira5 Montículo de terra entre dous sucos. Para plantar o ceboliño faise a mesa máis estreita. SINÓNIMOS lombeiro, márdea, soma1, sorrello6 Grupo de persoas que presiden e dirixen unha organización, asemblea, a votación nun colexio electoral etc. O secretario da mesa nacional dun partido. É suplente do presidente da mesa.7 Asociación constituída por persoas ou entidades que se organizan para tentar facer que se cumpran as súas reivindicacións. A mesa pola paz. FRASES E EXPRESIÓNS CON mesa Levantarse da mesa Levantarse cando a mesa está disposta para comer ou cando xa se rematou de comer. Non te levantes da mesa ata que todos acabemos de comer. Mesa de levante Mesa abatible formada por un taboleiro suxeito á parede, que se pode levantar e apoiar contra a parede para que non ocupe espazo. Xunto á lareira había un escano e unha mesa de levante na que comían acotío. Mesa redonda Conversa na que participan especialistas en certo tema e na que pode intervir o público. A asociación cultural organiza unha mesa redonda sobre Álvaro Cunqueiro. CONFRÓNTESE coloquio, debate Pano de mesa VÉXASE pano Sentarse á mesa Sentarse ao redor da mesa cando está preparada para comezar a comer. Antes de te sentar á mesa vai lavar as mans.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!