mestre, mestra
Audio 1
Audio 2

mestre (feminino: mestra) substantivo1 Persoa con título oficial para exercer o ensino primario. É mestra de escola. CONFRÓNTESE pedagogo, profesor2 Persoa que ensina calquera tipo de materia, tendo ou non título oficial para facelo. Teño unha nova mestra de piano, que me dá clases particulares. CONFRÓNTESE profesor3 Persoa ou cousa que ensina algo, en particular aquela da que se reciben moitas e boas ensinanzas. Aristóteles é mestre de moitos pensadores. A experiencia é sempre unha boa mestra.4 Persoa que alcanzou un grao moi alto de perfección na actividade que realiza. Un mestre albanel. Os grandes mestres da pintura.5 Persoa que compón música clásica, dirixe unha orquestra ou toca nela de forma profesional. O mestre Soutullo compuxo o pasodobre “Ponteareas”. substantivo feminino6 Única abella fecunda do enxame. A mancha amarela ponse para axudarlle ao apicultor á identificación da mestra. SINÓNIMO abella mestra2 substantivo masculino7 Informática Compoñente que supervisa, coordina e controla un conxunto de elementos, denominados escravos, que realizan tarefas específicas. A arquitectura mestre escravo é común na programación paralela. adxectivo8 Da máxima calidade entre as do seu xénero. As obras mestras da literatura universal.9 Que posúe unha calidade especial ou é o principal entre os da súa especie. Unha chave mestra. Unha viga mestra. FRASES E EXPRESIÓNS CON mestre Abella mestra Única abella fecunda do enxame. As abellas mestras aliméntanas con xelea real. SINÓNIMO mestra Chave mestra VÉXASE chave Mestre de capela Director dunha capela musical. O mestre de capela da catedral de Santiago.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!