mono, mona
Audio 1
Audio 2
Audio 3

mono1 (feminino: mona) substantivo1 Mamífero da orde dos primates de cerebro moi desenvolvido, con catro extremidades que rematan en mans, e que descende de antepasados comúns aos da especie humana. O gorila, o chimpancé etc., son monos. SINÓNIMO simio2 Persoa que fai o mono ou monadas. Es un mono, pero non me fas graza ningunha. Tamén adxectivo Non sexas mona.3 popular Síndrome de abstinencia. Está pasando o mono. substantivo feminino4 popularBorracheira Vaia mona trae. substantivo masculino5 Peza de roupa, de corpo enteiro, que cobre o corpo e as pernas. Os pilotos levan un mono que os protexe. SINÓNIMO funda FRASES E EXPRESIÓNS CON mono Facer o mono Facer parvadas que fagan rir á xente. Leva toda a tarde facendo o mono. SINÓNIMOS facer o parvo, pintar a mona Mona de Xibraltar (Macaca sylvanus) Mamífero da familia dos cercopitécidos, de pequeno tamaño, pel parda ou amarelada, coa cara, pés e mans de cor rosada, que é propia de Xibraltar e do norte de África. A mona de Xibraltar domestícase con facilidade. Pintar a mona Facer o mono. En vez de atender ás explicacións, dedicábase a pintar a mona.

mono, mona
Audio 1
Audio 2
Audio 3

mono2 Para todas as acepcións SINÓNIMO mocho (feminino: mona) adxectivo1 Falto dun ou dos dous cornos, dunha ou das dúas orellas, ou do rabo. Unha vaca mona. O boi era mono dun corno.2 Que non ten ou que perdeu un extremo ou a punta. Unhas zocas monas. Cortando a herba deixou mono un pexegueiro.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!