movemento
Audio 1
Audio 2

movemento substantivo masculino1 Física Cambio de posición dun corpo no espazo con relación a un sistema de referencia. Movemento de rotación. Movemento de translación. Movemento continuo. Movemento sísmico.2 Cambio de lugar ou de posición dun corpo ou dalgunha das súas partes. Fixo un leve movemento de cabeza. Movementos involuntarios.3 Presenza nun lugar dun gran número de vehículos ou persoas que se desprazan dun sitio a outro ou que realizan algunha actividade. Durante as vacacións apréciase máis movemento de coches nas estradas. Movemento portuario. Hoxe houbo moito movemento na vila porque era feira. SINÓNIMO animación4 Conxunto de manifestacións que supoñen un cambio con respecto a algo establecido, na arte, na sociedade etc. Movemento literario. Movemento revolucionario. CONFRÓNTESE corrente5 Grupo de persoas que levan a cabo esas manifestacións. Asistiu ao recital do movemento de novos poetas.6 Cambio de lugar das fichas ou figuras nun xogo. Con sete movementos gañou a partida de xadrez.7 Variacións que presenta, unha conta, unha estatística etc., nun tempo determinado. Pediu os últimos movementos da súa conta de aforros. Movemento demográfico.8 Música Grao de velocidade que se imprime a unha peza. Movemento rápido, lento e moderado.9 Música Parte dunha peza musical. Os movementos dunha sonata. FRASES E EXPRESIÓNS CON movemento En movemento Indica que algo se move, se despraza ou inicia a súa actividade. O tren estaba en movemento. Hai que pór en movemento esa máquina. Movemento acelerado Movemento no que a velocidade aumenta progresivamente mentres se realiza. Unha partícula en movemento vertical descendente ten un movemento acelerado. Movemento de rotación Movemento que realiza a Terra arredor do seu eixe e que dá orixe ao día e á noite. A Terra tarda vinte e tres horas e cincuenta e seis minutos en realizar o movemento de rotación. Movemento de translación Movemento da Terra ou doutro planeta arredor do Sol. O movemento de translación débese á atracción gravitacional do Sol sobre a Terra. Movemento retardado Movemento no que a velocidade diminúe progresivamente mentres se realiza. Unha partícula en movemento vertical ascendente ten un movemento retardado. Movemento uniformemente acelerado Movemento no que a velocidade aumenta proporcionalmente ao tempo transcorrido. Se a aceleración é constante, o movemento denomínase uniformemente acelerado. Movemento uniformemente retardado Movemento no que a velocidade diminúe proporcionalmente ao tempo transcorrido. Se a desaceleración é constante, o movemento denomínase uniformemente retardado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!