mundo

mundo1 substantivo masculino1 O conxunto de todo o que existe. Pensa que é o centro do mundo. CONFRÓNTESE creación Para a relixión católica, foi Deus quen creou o mundo. CONFRÓNTESE cosmos, universo2 O planeta Terra. A volta ao mundo en oitenta días. Viaxou por todo o mundo. CONFRÓNTESE universo3 Cada un dos planetas ou corpos celestes do Universo, en particular, aqueles nos que hai posibilidades teóricas de existir vida. Unha nave espacial partiu en busca doutros mundos. CONFRÓNTESE astro14 Conxunto de cousas ou de persoas que teñen unha característica común que as diferencia doutros conxuntos. O mundo das ideas. O mundo animal.5 A colectividade humana, desde o punto de vista social, económico, político etc. Opina que o mundo marcha cada vez peor.6 A xente en xeral. É un rapaz que lle fala a todo o mundo.7 Conxunto de actividades, relacións sociais etc., que rodean a vida dunha persoa. O seu mundo é a familia e nada máis. Vive nun mundo á parte. SINÓNIMO universo8 Experiencia no trato e nas relacións coas persoas. Unha persoa de mundo. Ter moito mundo. FRASES E EXPRESIÓNS CON mundo A fin do mundo VÉXASE fin O outro mundo Nalgunhas crenzas, o mundo que hai despois da morte. Xa pasou ao outro mundo. Todo o mundoTodos Alí achegouse todo o mundo. Traer ao mundoParir A miña nai tróuxonos ao mundo na casa coa axuda dunha parteira. Un mundo de Gran cantidade de algo. Había un mundo de xente. Varrerse o mundo Perder por uns momentos a vista ou o sentido do equilibrio. Varréuseme o mundo e caín ao chan. SINÓNIMOS apanarse a vista, atrapazarse a vista, empanarse a vista

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!