natural
Audio 1

natural adxectivo1 Relativo ou pertencente ao mundo físico, ou producido polas forzas da natureza e non alterado nas súas calidades esenciais pola acción do home nin pola intervención do sobrenatural. Ciencias naturais. Desnivel natural. Esponxa natural. Alimentos naturais. A chuvia é un fenómeno natural. Un pano de seda natural. ANTÓNIMO artificial2 Conforme coa orde da natureza, coas leis que a rexen. É natural que abafes coa calor que vai. Unha reacción natural. CONFRÓNTESE lóxico, normal3 Propio da natureza do que se fala, non adquirido nin aprendido. Ten unha predisposición natural para as artes. Gusto natural. SINÓNIMO innato4 Que é o que se espera. É natural que non o queira. SINÓNIMOS lóxico, normal ANTÓNIMOS ilóxico, raro5 Que deixa apreciar a verdadeira natureza dun individuo, sen artificio nin afectación. Compórtase de maneira natural. Sempre foi un home moi natural. CONFRÓNTESE espontáneo, sinxelo6 Nacido nun lugar. OBSERVACIÓNS: Úsase coa preposición de É natural de Coristanco. Tamén substantivo Fixo moita amizade cos naturais da rexión. SINÓNIMO nativo CONFRÓNTESE indíxena7 Música [Nota] non modificada por ningunha alteración. Un dó natural. substantivo masculino8 Maneira característica de ser e de comportarse. É de natural pacífico. SINÓNIMOS carácter, condición, índole, natureza CONFRÓNTESE temperamento9 Instinto dos animais irracionais. O seu natural é uliscar todo canto ve. FRASES E EXPRESIÓNS CON natural Ao natural Sen adobío, sen engadidos nin alteracións no aspecto, no sabor etc. Estaba moi favorecida sen pintar, ao natural. Mexillóns ao natural. De tamaño natural VÉXASE tamaño Dereito natural VÉXASE dereito Do natural Arte A partir do modelo vivo, da natureza. Copiar do natural. En tamaño natural VÉXASE tamaño Fillo natural VÉXASE fillo Gas natural VÉXASE gas Morte natural VÉXASE morte Número natural VÉXASE número Parque natural VÉXASE parque Teoloxía natural VÉXASE teoloxía

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!