noite
Audio 1

noite substantivo feminino1 Período de tempo que vai desde a posta ata a saída do Sol. A noite está clara porque hai lúa. Pasou toda a noite de festa, sen durmir nada. SINÓNIMO noitada ANTÓNIMO día FRASES E EXPRESIÓNS CON noite Á noite locución adverbial Durante a noite. Marcharon para a casa á noite. SINÓNIMOS de noite, pola noite Boa noite Fórmula que se emprega para saudar e despedirse pola noite ou cando se vai deitar un. Boa noite, eu marcho para cama. SINÓNIMO boas noites Boas noites Boa noite. Boas noites e que descanses. Cerrada da noite Período de tempo posterior ao solpor, antes de que sexa noite pecha. Chegaron á cerrada da noite. SINÓNIMOS anoitecer, bocanoite, cerradiña da noite, cerrado da noite, luscofusco, lusquefusque, noitiña, xunta da noite Cerradiña da noite Cerrada da noite. Viñeron do muíño á cerradiña da noite. Cerrado da noite Cerrada da noite. Acabaron o traballo ao cerrado da noite. De noite Á noite. O avión chegou de noite. Facer noite (nun sitio) Parar nun sitio para durmir. Fixeron noite nun albergue. Luzada da noite VÉXASE luzada Noite cerrada Noite de todo, momento ou hora en que se extinguiu totalmente a luz do día. Cando veu de volta xa era noite cerrada. SINÓNIMOS noite fecha, noite fechada, noite pecha, noite pechada Noite e día locución adverbial Sempre, seguido. Traballaron noite e día para acabar a tempo o encargo. Noite fecha Noite cerrada. Saíron de día e cando volveron era noite fecha. Noite fechada Noite cerrada. Sempre volvo para a casa antes de que sexa noite fechada. Noite pecha Noite cerrada. Era noite pecha e víase o ceo estrelado. Noite pechada Noite cerrada. Era noite pechada e aínda non alumeaban os farois. Noite polar Astronomía Fenómeno natural polo que, nos lugares situados nos círculos polares, o Sol se fai invisible durante todo o día. Ao redor do un por cento dos fineses padece depresións debidas á noite polar. Pola noite Á noite. Non lle gusta conducir pola noite. Traxe de noite VÉXASE traxe Xunta da noite Cerrada da noite. Non creo que acabe antes da xunta da noite.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!