nota
Audio 1

nota substantivo feminino1 Breve indicación que se pon ao pé, ás marxes ou ao final dun texto coa intención de aclaralo. Este libro ten tantas notas, que se fai pesado. SINÓNIMOS chamada, comentario2 Breve comunicación escrita. O Goberno publicou unha nota oficial sobre o ataque. SINÓNIMOS aviso, comunicado3 Breve indicación que se fai por escrito, referente a aquilo que se le, se oe ou se observa. O profesor vai tan a correr que non podo tomar notas. SINÓNIMO apuntamento Teño as fotocopias cheas de notas. SINÓNIMOS apuntamento, observación4 Enumeración detallada dunha conta. Camareiro, a nota, por favor. SINÓNIMO factura CONFRÓNTESE conta5 Cualificación en cifra ou en letra que o profesor dá a un alumno por un traballo, exame etc., segundo unha escala previamente establecida. Sacou moi boa nota. SINÓNIMO puntuación6 Elemento que contrasta co resto dun conxunto. Puxo a nota alegre da reunión. SINÓNIMO toque7 Signo que representa un son musical. As notas da partitura. SINÓNIMO nota musical8 Son representado por ese signo. As notas son sete. SINÓNIMO nota musical FRASES E EXPRESIÓNS CON nota Dar a nota Destacar por algo que non resulta apropiado no conxunto. Todos estabamos de acordo menos ela: sempre dá a nota. Nota musical Nota (acepcións 7, 8). O neno xa coñece todas as notas musicais. Nota promisoria Documento polo que a persoa física ou xurídica que o subscribe se compromete a aboar unha certa cantidade nun tempo determinado. Xeralmente as notas promisorias son títulos a curto prazo e cun tipo de xuro fixo. Tomar nota Reter na memoria [certa cousa] para tela en conta no futuro. Tomo nota do aviso e chámote mañá.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!