obra
Audio 1

obra substantivo feminino1 Cousa, actividade ou acción realizada por algo ou por alguén. Desapareceume o reloxo: iso é obra do cativo.2 Calquera produción do entendemento no eido das ciencias, das letras ou das artes. Poxáronse varias obras de Picasso. SINÓNIMO creación3 Libro que contén un traballo literario completo, xa sexa nun ou en varios volumes. Na biblioteca do instituto temos cinco mil obras.4 Conxunto da produción dun artista, dun escritor ou dun científico. OBSERVACIÓNS: Úsase en singular con valor colectivo Acaban de editar a obra de Pondal.5 Creación literaria destinada a ser representada nun teatro. Unha obra de Esquilo.6 Edificio en construción. Na esquina da rúa hai unha obra.7 Amaño ou innovación que se fai nun edificio, ponte, estrada etc. OBSERVACIÓNS: Úsase sobre todo en plural Frea o coche que por aquí hai obras.8 Acción humana, considerada desde un punto de vista moral. OBSERVACIÓNS: Úsase fundamentalmente en plural Xulgádeo polas súas obras. SINÓNIMO feito FRASES E EXPRESIÓNS CON obra De obra locución adverbial Con algúns verbos, significa que a súa acción se realiza de maneira material por oposición á verbal. Ofendeume de palabra e de obra. En obras En construción ou en reparación. A estrada está en obras. Obra de misericordia Relixión Para o cristián, cada unha das catorce accións piadosas de axuda aos semellantes prescritas pola Igrexa. Darlle de comer ao que ten fame é unha obra de misericordia. Obra morta Marítimo Parte do casco do barco que está por encima da liña de flotación. A obra morta actúa como unha gran vela en caso de fortes ventos. Obra pía 1 Institución creada para fins benéficos ou obras relixiosas. Un dos seus proxectos era chegar a fundar unha obra pía. 2 Actividade destinada fundamentalmente á axuda aos máis necesitados. Doou parte da súa fortuna para a realización de obras pías. Obra pública De interese xeral e dedicada ao uso público. Ministerio de Obras Públicas. Obra viva Marítimo Parte do casco do barco que está por debaixo da liña de flotación. A limpeza da obra viva é fundamental para unha navegación cómoda. SINÓNIMO carena Poñerse mans á obra Comezar o traballo. Se xa temos todo o material, poñámonos mans á obra.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!