obxectivo, obxectiva
Audio 1
Audio 2

obxectivo (feminino: obxectiva) adxectivo1 Que describe ou xulga con exactitude a realidade, sen a intervención de factores afectivos ou persoais. Un historiador obxectivo. Un estudo obxectivo da sociedade americana. SINÓNIMO imparcial ANTÓNIMOS parcial, subxectivo CONFRÓNTESE desinteresado2 Filosofía Que ten existencia real e concreta fóra do individuo. As cousas obxectivas son aquelas que se perciben sempre das mesma maneira, independentemente do suxeito que as observe.3 Medicina [Síntoma] que se percibe a partir do exame médico. A febre e a coloración da pel foron parte dos síntomas obxectivos que determinaron o diagnóstico. substantivo masculino4 Cousa que se persegue ou que se desexa conseguir. O obxectivo de todo atleta é ir á olimpíada. SINÓNIMOS fin, meta, propósito O obxectivo deste informe é aclarar a situación. SINÓNIMOS finalidade, obxecto, propósito5 Milicia Elemento físico, punto ou zona contra o que se dirixen as operacións de ataque. As tropas alcanzaron o obxectivo situado na retagarda inimiga..6 Milicia Lugar ou obxecto ao que se dirixe un proxectil. As bombas alcanzaron o obxectivo. SINÓNIMO albo7 Lente ou sistema de lentes colocadas dentro dun microscopio, máquina de fotos etc., na parte máis próxima aos obxectos. Unha cámara cun obxectivo moi potente.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]