orde
Audio 1

orde substantivo feminino1 Organización, disposición das cousas ou persoas no lugar que lles convén. Deixou a casa en orde. ANTÓNIMO desorde Pola orde que había naquel cuarto sabía que non era o del. Foron chamando os empregados por orde de antigüidade. SINÓNIMO rango Expuxo as súas ideas por orde. A orde das palabras na frase. CONFRÓNTESE ordenación2 Sistema para facer algo. Hai que proceder con orde. CONFRÓNTESE método3 Categoría na que se clasifican as cousas ou persoas. Seguiu falando na mesma orde de ideas. SINÓNIMOS clase, magnitude, tipo, xénero4 Situación social de estabilidade en que son respectadas as institucións e as leis. O Goberno tomou medidas para manter a orde pública. ANTÓNIMO desorde CONFRÓNTESE calma, paz5 Sistema de leis, institucións etc., que rexen a organización política, xurídica, económica etc., dunha sociedade. A orde económica mundial.6 Bioloxía Categoría taxonómica entre clase e familia. A ra e o sapo pertencen á orde dos anuros.7 Arquitectura Sistema de relacións fixas entre os elementos dun edificio, polo que se clasifican os diferentes estilos na arquitectura clásica. A orde dórica.8 Grupo de persoas sometidas a certas regras profesionais ou morais. A orde dos médicos. As ordes de cabalaría.9 Asociación de persoas unidas por votos de relixión que seguen unha regra común. As ordes relixiosas construíron moitos mosteiros. CONFRÓNTESE comunidade, congregación10 Catolicismo Sexto sacramento da Igrexa católica polo que son instituídos os sacerdotes. O bispo administroulle o sacramento da orde.11 Catolicismo Un dos graos dentro da xerarquía clerical católica. Ordes maiores. Ordes menores.12 Obriga de facer algo imposta por alguén. Recibiron a orde de regresar antes das dez. SINÓNIMO mandado CONFRÓNTESE consigna FRASES E EXPRESIÓNS CON orde Estar á orde do día Estar de moda, ser corrente ou de actualidade. Os problemas urbanísticos están á orde do día. Orde composta Arquitectura Orde arquitectónica da Roma clásica que no capitel combina as volutas do xónico coas follas de acanto do corintio. A orde composta é unha tardía combinación romana de elementos. Orde corintia Arquitectura Orde arquitectónica da Grecia clásica que empregaba a folla de acanto como motivo ornamental dos capiteis. A orde corintia é posterior á orde xónica. Orde do día Conxunto de temas ou puntos que serán tratados sucesivamente nunha reunión. Non se tratou o asunto porque non estaba incluído na orde do día. Orde dórica Arquitectura A máis antiga das ordes arquitectónicas da Grecia clásica, caracterizada polas columnas sen base, con arestas moi marcadas e capitel liso. Propio da orde dórica son os frisos adornados con tríglifos e métopas. Orde toscana Arquitectura Orde arquitectónica da Roma clásica, derivada da orde dórica, que se caracteriza por presentar columnas con base e fuste liso. A orde toscana deuse principalmente na arquitectura romana. Orde xónica Arquitectura Orde arquitectónica da Grecia clásica que se caracteriza por presentar columnas con molduras na base e volutas no capitel. A orde xónica tivo a súa orixe cara ao século VI a.C. na costa oeste de Asia Menor.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!