pai
Audio 1

pai substantivo masculino1 Home ou animal macho que tivo un ou máis fillos, en particular con respecto a estes. É pai de cinco fillos. Á saída da escola sempre o agarda seu pai. O pai dos xílgaros traía a comida ao niño.2 Aquel que é considerado ou que se comporta como pai natural. É o seu pai adoptivo. Foi un pai para el.3 Relixión Deus, como ser que xerou a Xesús. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula O Pai, o Fillo e o Espírito Santo.4 figurado O que crea unha obra, promove unha actividade, ciencia, arte etc. O pai da física moderna. substantivo masculino plural5 O pai e a nai. Os meus pais casaron moi novos. SINÓNIMO proxenitores6 Familiares que viviron nun tempo anterior. Os seus pais tiveron que emigrar. SINÓNIMOS antecesor, antepasado, devanceiro, predecesor FRASES E EXPRESIÓNS CON pai Pai adoptivo Home que adoptou a alguén como fillo. Mesmo se me parece ao seu pai adoptivo! Pai de familia Xefe ou cabeza dunha casa ou familia, teña ou non fillos. Ese documento debe asinalo o pai de familia. Pai espiritual Persoa que aconsella en asuntos de conciencia. O seu confesor é o seu pai espiritual. Pai políticoSogro Chegou acompañado do seu pai político. Pai de todos popular Terceiro dedo da man. Este é o furabolos e este o pai de todos. SINÓNIMO maior

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!