pan
Audio 1

pan substantivo masculino1 Alimento feito dunha masa de fariña, auga, sal e lévedo, que fermenta e coce no forno e pode ter diversas formas. OBSERVACIÓNS: Pode facerse de trigo (tamén chamado pantrigo), de centeo ou de millo (só ou mesturado con outro cereal: pan de boroa) Antes facíase o pan nas casas.2 Peza de pan, especialmente grande e redonda. Para o xantar compramos un pan de medio quilo.3 Alimento de forma semellante ao pan. Pan de figos.4 Cereal sementado do que se fai ese alimento, e a fariña que se obtén del. Este ano a colleita de pan foi boa.5 figurado Alimento en xeral, ou aquilo que serve para o sustento diario. Sen traballo non hai cartos, e sen cartos non hai pan.6 Lámina metálica moi fina, xeralmente de ouro ou prata, que se utiliza para dourar, pratear etc., obxectos. Cubriron a figura con pan de ouro.7 Relixión Peza de pequeno tamaño, fina e redonda, feita de pan sen fermento, que o sacerdote consagra na misa, xunto co viño, para conmemorar a morte de Xesucristo. Alzar o pan e o viño. SINÓNIMOS hostia, pan dos anxos, pan eucarístico FRASES E EXPRESIÓNS CON pan A pan e auga Sen tomar ningún outro alimento, xeralmente como castigo ou por penitencia. Leva tres días a pan e auga. Deixar a pan pedir Deixar na miseria. Roubáronlle canto tiña, deixárono a pan pedir. Faltarlle o pan a un Carecer do necesario. Nunca vou permitir que vos falte o pan. Frauta de pan VÉXASE frauta Ganar o pan Traballar e ganar o necesario para poder vivir. Todos os días madruga para ir ganar o pan. O noso pan de cada día Algo habitual, moi frecuente. Sempre hai que rifarlle para que coma a verdura, é o noso pan de cada día. Pan branco Pan elaborado con fariña de trigo. Durante a guerra escaseaba o pan branco. Pan de boroa VÉXASE boroa Pan de cobra coloquialCogomelo Non vou ser eu o que coma ese pan de cobra. Pan de mestura Pan que se elabora con dúas fariñas diferentes, por exemplo millo e trigo. Viña roendo un codelo de pan de mestura. Pan de molde Pan de forma rectangular, coa codia branda e o miolo esponxoso, que se vende cortado en rebandas e empaquetado. Fixo unhas torradas con pan de molde. Pan de ovoRoscón Os padriños regaláronlle un pan de ovo. Pan de raposo Pan de cobra. E pensades comer ese pan de raposo? Pan de relón Pan que se elabora coa fariña da segunda criba. Un molete de pan de relón. Pan de sapo Pan de cobra. O pan de sapo é para ti, que eu non o quero. Pan dos anxos Pan (acepción 7). O pan dos anxos elabórase con fariña de trigo. Pan eucarístico Pan (acepción 7). A fracción do pan eucarístico. Pan integral Pan elaborado con fariña integral. Está a dieta e toma pan integral. Pan negro Pan que se elabora con fariña de centeo. Moito pan negro teño comido! Pan por pan e viño por viño Con claridade. Conta as cousas como foron, pan por pan e viño por viño. Pan relado Pan seco e moi esmiuzado que se emprega xeralmente para rebozar. Empanou o bisté con pan relado e ovo. Pan seco Pan só, sen outro acompañamento. Pasou a pan seco todo o día. Poñer (a alguén) a pan pedir Insultar e criticar duramente a alguén. Por unha parvada púxoo a pan pedir. SINÓNIMO poñer pingando Ser pan comido Ser moi doado. Esa proba para min é pan comido. Ser un anaco de pan Ser moi boa persoa. Tes un fillo que é un anaco de pan.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!