papa
Audio 1

papa1 substantivo masculino1 Xefe supremo da Igrexa católica. O papa é o bispo de Roma. SINÓNIMOS pontífice, Santo Padre, Sumo Pontífice FRASES E EXPRESIÓNS CON papa Ser máis papista ca o papa VÉXASE papista

papa
Audio 1

papa2 substantivo feminino1 Calquera substancia branda, de consistencia pastosa ou semellante a un líquido máis ou menos espeso, particularmente se é comestible. Dálle a papa ao neno. O puré de patacas é unha papa feita con patacas cocidas. substantivo feminino plural2 Alimento que se obtén cocendo fariña, sobre todo de millo, en auga ou leite. Tiña o costume de almorzar con papas. SINÓNIMO polenta FRASES E EXPRESIÓNS CON papa Comerlle (a alguén) as papas na cabeza Ser máis alto ca alguén. É mais novo ca o irmán, pero xa lle come as papas na cabeza. Non ter papas na boca Falar claramente e sen rodeos. Sempre di o que pensa, non ten papas na boca. SINÓNIMOS non ter a lingua trabada, non ter lixos na lingua, non ter pelos na lingua Papas de arroz Doce elaborado con arroz cocido en leite azucrado e aromatizado con rela de limón ou de laranxa e canela. A súa nai sempre lle preparaba papas de arroz e castañas cocidas. SINÓNIMO arroz con leite Papas trigas Papas elaboradas con fariña de trigo. Peneirou a fariña para facer unhas papas trigas. Pedir papas Darse por vencido, nun xogo ou competición. Pides papas ou seguimos xogando?

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!