papo
Audio 1

papo substantivo masculino1 Dilatación do esófago das aves, que forma unha especie de bolsa onde abrandan o alimento. Tiña o papo cheo de grans. SINÓNIMOS boche, papada, papeira2 Vulto que se forma debaixo do queixo, que pode ser simplemente graxa acumulada ou ben provir da enfermidade do bocio. Vaia papo que tes, a ver se adelgazas. SINÓNIMOS barbada, barbadela, barbela, papada, papeira3Queixo2 Ten unha focha no papo.4 Pel que lles colga a certos animais pola parte de abaixo do pescozo. O papo da vaca. SINÓNIMOS badana, barbada, barbadela, barbela, papada, papeira5 popularBocio Alberte ten o papo. FRASES E EXPRESIÓNS CON papo Encher o papo Satisfacer plenamente a fame ou a sede. Só vén aquí a encher o papo. Papo da man Parte branda de consistencia carnosa que hai no comezo do polgar. Cortouse no papo da man. SINÓNIMO papullo Papo da orella Parte branda de consistencia carnosa nos lobos das orellas. Quere poñer outro pendente no papo da orella esquerda. SINÓNIMO papullo Papo da perna Parte posterior e carnosa da perna. Déronlle unha patada no papo da perna. SINÓNIMOS barriga da perna, polpa Papo do dedo Masa de carne de forma arredondada que teñen as puntas dos dedos pola parte oposta á unlla. Picouse coa agulla no papo do dedo. SINÓNIMO xema

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!