parado, parada
Audio 1
Audio 2
Audio 3

parado (feminino: parada) participio1 Participio do verbo parar1. adxectivo2 Que non ten moita axilidade nin decisión na súa maneira de ser. Que parado é: quedou alí plantado sen atreverse a vir.3 Que está sorprendido, confuso ou desconcertado. Cando o viu, quedou parado.4 Que está sen emprego. Os mozos parados reclamaron maior atención por parte do Goberno. Tamén substantivo Os parados decidiron levar a cabo unha manifestación. SINÓNIMO desempregado substantivo feminino5 Acción e efecto de parar1 ou pararse. Imos facer unha parada para descansar. SINÓNIMOS alto2, paraxe Ingresou con parada cardíaca. SINÓNIMO paro O porteiro fixo unha boa parada.6 Lugar onde para certo medio de transporte público. A parada do autobús. Unha parada de taxis. SINÓNIMO paraxe7 Reunión de tropas dispostas para unha revista ou un desfile. No cuartel fixeron unha parada militar.8 Lugar destinado a que os sementais cubran as femias. Levaron a vaca á parada. FRASES E EXPRESIÓNS CON parado Saír ben parado Saír favorecido en algo. Non sei se sairás moi ben parada. Saír mal parado Saír prexudicado en algo. Cando fan negocios xuntos, ela nunca sae mal parada.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!