paralelo, paralela
Audio 1
Audio 2

paralelo (feminino: paralela) adxectivo1 Matemáticas [Liña, plano etc.] que garda sempre a mesma distancia e nunca chega a encontrarse con outro por moito que se prolonguen. Dúas rúas paralelas.2 figurado Que segue a mesma dirección, que mantén a mesma liña, que ten o mesmo obxectivo ou tende ao mesmo resultado. Ambos os científicos realizaron experiencias paralelas. Vidas paralelas.3 Que sucede ao mesmo tempo. A obra narraba dúas historias paralelas.4 Que se corresponde en maior ou menor medida co oficial, legal etc., pero que está á marxe. Contabilidade paralela. Cambio paralelo. substantivo masculino5 Comparación entre dúas persoas ou cousas. Non podes establecer un paralelo entre os dous. CONFRÓNTESE parangón6 Matemáticas Cada un dos círculos imaxinarios da esfera terrestre paralelos ao ecuador. Os paralelos forman circunferencias que teñen todos os puntos á mesma latitude. substantivo feminino7 Matemáticas Recta paralela. Debuxar dúas paralelas. substantivo feminino plural8 Deporte Aparello ximnástico constituído por dúas barras paralelas. Realizaba exercicios nas paralelas. SINÓNIMO barras paralelas FRASES E EXPRESIÓNS CON paralelo Barras paralelas Deporte Aparello ximnástico constituído por dúas barras paralelas. Os ximnastas españois tiveron unha boa actuación nas barras paralelas. SINÓNIMO paralelas En paraleloParalelamente As súas carreiras discorreron en paralelo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!