parque
Audio 1

parque substantivo masculino1 Terreo con plantas, árbores e, ás veces, atraccións ou diversións para que as persoas se distraian. O que máis me gusta dese parque son as randeeiras.2 Recinto onde se gardan municións, víveres e material militar. O parque de artillaría.3 Conxunto dos vehículos ou do material de que dispón un organismo, un país etc. O parque de automóbiles de Galicia aumenta cada día máis.4 Lugar destinado a instalacións científicas ou industriais. Parque eólico. Parque industrial. Parque tecnolóxico.5 Recinto portátil de pequeno tamaño no interior do cal poden xogar os nenos que aínda non aprenderon a camiñar. Deixou o neno no parque e comezou a preparar o xantar. FRASES E EXPRESIÓNS CON parque Parque acuático Lugar de divertimento con piscinas e atraccións acuáticas. Hoxe inauguran o novo parque acuático na cidade. Parque de atraccións Lugar en que hai casetas con distintos xogos, enxeños mecánicos, como a montaña rusa, a nora, os carruseis etc., e outros aparellos de diversión. Cando estivo en Barcelona, foi ao parque de atraccións. Parque infantil Lugar especialmente acondicionado e equipado para que xoguen os nenos. A urbanización conta cun parque infantil. Parque nacional Espazo natural protexido polo Estado co fin de preservar a súa flora e fauna e de que non sexa alterado pola actividade humana. Naquel parque nacional podían observarse aguias. Parque natural Lugar delimitado e protexido, de grande interese ecolóxico ou paisaxístico. A viaxe incluía unha visita ao parque natural. Parque temático Parque de atraccións no que os enxeños mecánicos, os xogos e as distintas actividades que se realizan están inspirados nun tema específico. Están a construír un parque temático baseado na vida dos dinosauros. Parque zoolóxico VÉXASE zoolóxico

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!