parte
Audio 1

parte substantivo feminino1 Cantidade ou cada un dos elementos que constitúen un todo, considerados por separado. Tocoume a parte máis pequena da torta. SINÓNIMOS anaco, cacho2, porción As partes dun motor. Unha parte importante da humanidade pasa fame.2 Sitio ou zona. Imos a calquera parte. SINÓNIMO lado El era de Sismundi, pero ela era da parte da Pedra. SINÓNIMOS banda3, lado3 Cada unha das persoas ou grupos que participan nun preito, combate, negocio etc. Nas guerras, todas as partes cometen barbaridades. O contrato téñeno que asinar ambas as partes. substantivo feminino plural4 Órganos xenitais. Levou un golpe nas súas partes. substantivo masculino5 Escrito breve que se envía para dar unha noticia urxente. Un parte de guerra.6 Comunicación de calquera tipo transmitida polo telégrafo, teléfono, radio ou televisión. Meu avó sempre anda a voltas coa radio; non perde un parte. SINÓNIMO noticiario CONFRÓNTESE boletín FRASES E EXPRESIÓNS CON parte Á parte locución adverbialSeparadamente Este tema é mellor que o consideres á parte. Á parte de locución preposicional Ademais de. Á parte dos meus pais, tamén vén o meu irmán. Dar parte Facer saber algo, en especial á policía. Chamou a policía para dar parte do roubo. Dun tempo a esta parte Desde hai un tempo. Dun tempo a esta parte, todo son roubos. De parte a parte locución adverbial Dun lado ao lado oposto. Cos nervios, pasou a tarde percorrendo a sala de parte a parte. De parte de locución preposicional 1 A favor de. Púxose de parte do que non tiña razón. 2 En nome de, por encargo de. Dálle recordos de parte de miña nai. Dunha parte... doutra parte Desde certo punto de vista... desde outro punto de vista, dunha banda... doutra banda. Dunha parte, teño ganas de ir, pero, doutra parte, dáme preguiza a viaxe. SINÓNIMO por unha parte... por outra parte En parte locución adverbial Non de todo. Creo que ti es, en parte, responsable. Partes pudendas Zona exterior do corpo correspondente aos órganos xenitais. Tapar as partes pudendas. Pola miña, (túa, …) parte No que a min, ti... respecta. Pola miña parte, non hai ningún problema. Pola parte de No que respecta a. Pola parte del, podes facer o que queirades. Por unha parte... por outra parte Dunha parte... doutra parte. Por unha parte, estou de acordo con vós, pero, por outra parte, non podo axudarvos. Ter parte en Participar en. Non quero ter parte nesta discusión. SINÓNIMO tomar parte en Tomar parte en Ter parte en. Está moi interesado en tomar parte no asunto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!