partido
Audio 1

partido2 substantivo masculino1 Grupo organizado de persoas que teñen as mesmas opinións ou os mesmos intereses. Os partidos políticos desempeñan un importante papel na democracia. SINÓNIMOS agrupación, formación, organización2 Competición deportiva entre dous ou máis xogadores ou equipos. O árbitro sinalou o final do partido. SINÓNIMOS contenda, encontro Hoxe botan pola televisión un partido de fútbol. SINÓNIMO encontro3 Persoa que pola súa situación económica ou social se considera interesante como posible consorte. OBSERVACIÓNS: Adoita utilizarse precedido de adxectivos como bo ou mal Di que se atopa un bo partido, non lle importa casar. FRASES E EXPRESIÓNS CON partido Cabeza de partido VÉXASE cabeza Partido xudicial Territorio que depende dun mesmo xulgado. Cenlle pertence ao partido xudicial de Ribadavia. Sacar partido Sacar ou tirar proveito de algo ou de alguén. Este rapaz sabe sacar partido de calquera situación. SINÓNIMO tirar partido Tirar partido Sacar partido. Tiroulle moito partido ao curso que fixo no estranxeiro. Tomar partido 1 Decidirse definitivamente por unha opción entre varias. Ao final tomou partido pola primeira proposta. 2 Amosarse alguén a favor dunha das partes enfrontadas. Mantívose neutral, non tomou partido por ningún dos dous.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!