partir
Conxugar
Audio 1

partir /verbos/partir.html verbo transitivo1 Facer anacos de [algo]. Andan a partir leña no monte. SINÓNIMO cortar2 Dividir [algo] en partes, co obxecto de distribuílas entre varios. Partir unha torta. SINÓNIMOS cortar, tallar Á hora de partir a herdanza, rifaron todos os irmáns. SINÓNIMOS distribuír, repartir3 Matemáticas Calcular cantas veces [unha cantidade] contén outra. Á cantidade que resulta de partir sete por tres, engádelle o valor da incógnita. SINÓNIMO dividir4 Facer que [algo] deixe de estar enteiro, xeralmente como consecuencia dun golpe. Déronlle unha malleira e partíronlle tres costelas. Dunha patada partiu o mango da ferramenta.5 Despezar [unha res]. Onte mataron o porco e hoxe partírono. verbo intransitivo6 Desfacerse en dous ou máis anacos. Pousáchelo moi forte e o cristal partiu. SINÓNIMOS escachar2, romper7 Poñerse en marcha para abandonar un lugar. O avión partirá en canto melloren as condicións atmosféricas. SINÓNIMO saír Partiron tan cedo que non lles deu tempo a ver nada. SINÓNIMOS irse, marchar, saír ANTÓNIMO chegar8(partir de) [Algo] ter ou tomar como base ou punto de inicio. O ruído partía das casas veciñas. Esta rúa parte da catedral. A súa teoría parte dun principio equivocado. FRASES E EXPRESIÓNS CON partir A partir de locución preposicional 1Desde A partir de mañá, non volvas por aquí. 2 Tomando como punto de partida aquilo que se di. Redactaron o informe a partir dos datos tirados da entrevista. Partir a alma VÉXASE alma Partir a crisma (a alguén) VÉXASE crisma Partir o corazón (a alguén) VÉXASE corazón Partirse de risa VÉXASE risa

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!