pasaxe
Audio 1

pasaxe substantivo feminino1 Acción de pasar dun lugar a outro. A pasaxe a nado é perigosa. SINÓNIMO paso12 Lugar por onde se pasa. Hai varias pasaxes polas que atravesar o río.3 Dereito a transitar por un sitio alleo. Os de Pedro teñen pasaxe polo noso campo. SINÓNIMOS antiga, pasantía, paso1, serventía, servidume de paso4 Prezo que se paga polo transporte nun vehículo. A pasaxe a Madeira é barata.5 Documento que acredita o pago dunha viaxe realizada nun medio de transporte. Xa temos as pasaxes para a viaxe a Italia. SINÓNIMO billete6 Conxunto de viaxeiros que utilizan á vez un medio de transporte. A pasaxe do barco está descontenta coa tripulación.7 Fase, período. Na súa vida houbo pasaxes de gran desacougo.8 Parte dun texto escrito. Esta pasaxe do libro trata da escravitude.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!