paz
Audio 1

paz substantivo feminino1 Ausencia de loita armada, exterior e interior, nun pobo, nación ou estado. Agora xa levaban moitos anos de paz. ANTÓNIMO guerra2 Cesación de hostilidades entre estados, mediante a celebración dun tratado. Tratado de paz. Asinar a paz.3 Concordia nas relacións persoais. Haxa paz, feras!4 Tranquilidade de espírito, de conciencia etc. Tiña remorsos e non daba atopado a paz.5 Estado de tranquilidade e benestar da persoa exenta de molestias e conflitos, ou do lugar onde non hai ruído nin axitación. Que paz se respira aquí! SINÓNIMOS calma, quietude, sosego6 RelixiónFelicidade Paz eterna. FRASES E EXPRESIÓNS CON paz Dar a paz Relixión Saúdo que se dá durante a celebración dunha misa. Os fieis déronse fraternalmente a paz. Deixar en paz Non molestar. Déixame en paz, que estou traballando! Descanse en paz Relixión Fórmula coa que se desexa felicidade eterna a un defunto. Que o noso querido amigo descanse en paz. Estar en paz (unha persoa con outra) Non ter débedas. Hai xa moito tempo que estou en paz coa dona do piso. SINÓNIMO quedar en paz Facer as pacesReconciliarse Tras moitos anos de inimizade, por fin fixeron as paces. Paz octaviana Paz absoluta, como a que coñeceu o mundo romano na época do emperador Octavio César Augusto. Aspiraban a conseguir a paz octaviana. Quedar en paz Estar en paz. Paguei e quedei en paz con eles.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!