pechado, pechada
Audio 1
Audio 2

pechado Para todas as acepcións SINÓNIMO fechado (feminino: pechada) participio1 Participio do verbo pechar. adxectivo2 Que ten moi xuntos e en gran número os elementos que o compoñen. Un monte moi pechado. SINÓNIMO pecho23 Completamente cuberto de nubes, neboeiro etc. Está pechado de brétema pero seguramente vai abrir. SINÓNIMOS fecho2, pecho24 figurado Que non acepta aquilo que vai en contra da súa maneira de pensar. Seus pais son moi pechados e non llo van permitir. ANTÓNIMO aberto5 figurado [Fala, lingua, acento] que é difícil de entender por ter unhas características propias e peculiares moi marcadas. Ten un acento moi pechado. SINÓNIMO cerrado6 figurado Pouco dado a expresar os seus sentimentos, a falar coa xente etc. Era un rapaz moi pechado e custáballe relacionarse cos demais. SINÓNIMO cerrado7 Fonética [Vogal] que se articula aproximando a lingua ao padal, de xeito que queda pouca abertura para saír o aire. Vogais pechadas. En gran parte de Galicia o ‘o’ tónico de ‘ponte’ é pechado. ANTÓNIMO aberto FRASES E EXPRESIÓNS CON pechado Noite pechada VÉXASE noite

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!